Actividad de Fillos do Estramonio
La historia de Fillos do Estramonio
Corría o ano 2011 cando uns rapaces por diferentes circunstancias da vida de cada un que agora non veñen ó caso, coinciden traballando xuntos no programa da Televisión de Galicia “Bamboleo”. Alí descobren que a todos lles gusta a música, e que todos tocan algún instrumento musical. Deciden entón poñerse a ensaiar xuntos “para ver que pasa”. E nacen os Fillos do Estramonio. Todos mamaron a música dende pequenos: virtuosos estudiados nas grandes escolas de música de Kanfor, Beukelaer ou Fortesende, atopan un camiño común para desenvolver este proxecto musical: facer ruído. Dende o seu nacemento, o obxectivo do grupo está claro: rebentar estadios, facer unha morea de cartos, e disolver a banda para facer un reencontro 20 anos despois. O camiño é longo, pero están traballando duro para acadalo. Os Fillos do Estramonio son un grupo de rock? de música? de humor? Non está moi claro. Pero se xuntas nunha cocteleira media ducia de descerebrados ós que lles gusta a música, o rock e o humor, é o que obtés como resultado. Fillos do Estramonio ofrecen un espectáculo musical e humorístico de ata 3 horas de duración. Fillos do Estramonio son ata 7 músicos en directo interpretando clásicos do Rock&Roll con letras adaptadas ó galego con contidos en clave humorística.
