Portada de Aires do Padornelo
Charanga

Aires do Padornelo

Lugo Desde 2008

Actividad de Aires do Padornelo

0 Este mes
0 Mes anterior
0 Este año
0 Año anterior

La historia de Aires do Padornelo

A nosa historia comeza no ano 2008, cando catro xóvenes amantes da música deciden fundar un grupo musical co que recorrer a bisbarra mindoniense amenizando as festividades, ruadas e outras actividades culturais da zona.

A idea forxouse na brillante imaxinación de Enrique Veiga, por aquel entón estudante no Seminario Menor "Sta. Catalina" de Mondoñedo, e aprendiz de clarinete na Escola Municipal de Música "O Pallarego". Para levar a cabo este proxecto reuniu a Paulo Baña "o de Vitorino", veciño de Veira do Río, quen sería o encargado de manexar a gaita de fol, Anxo García "o do Pañero", mindoniense e caixeiro, e como bombeiro a Iván García "o Carracho", veciño do barrio de S. Cristovo. Os ensaios comezan na antiga vivenda que a familia de Enrique dispoñía no barrio do Couto de Outeiro. A pesares da falta de material e infraestructura as carestías mitíganse con inxenio, a percusión ensaiaba con caldeiros ata poder conseguir unha caixa en condicións e rematar a fabricación dun bombo artesanal elaborado polo propio Enrique. Cando as primeiras melodías enxebres comezaron a fluir con certa coherencia albiscaron a oportunidade de presentarse á sociedade mindoniense co gallo da celebración do Desfile de Antroido, concursando cun traxe "improvisado", e reforzados coa gaita do "Bazuncho de Masma", que foi a última vez que tocou en público. Aínda que non lograron acadar ningún dos premios a ousadía destes xóvenes músicos deu un froito inesperado, a contratación da primeira actuación remunerada para a festividade do barrio do Coto da Recadieira e para a cal, ante a fugaz marcha do Bazuncho, deciden reforzarse con Jorge Losada Matías "o de Mintra", quen permanecería no grupo co clarinete. Vista a aceptación que o xoven grupo acadara tan rápidamente decidiuse manter os ensaios periódicos co fin de atender con eficacia a crecente axenda de actuacións. Xa no 2009 prodúcese, por mediación do seu bon amigo Paulo, a incorporación á gaita de Antón Expósito "de Cabaleiros", veciño de Vilanova de Lourenzá e, a pesar da súa xuventude, un xa experimentado multiinstrumentista, quen sería o artífice de introducir exitosas modificacións á imaxe e repertorio do grupo. Tamén incursiona no grupo por unha breve pero intensa etapa a frautista Raquel "a de Vieites", aportando unha estimable dose de dozura musical e femenina. Como evento resaltable desta etapa cabe citar a colaboración de Aires do Padornelo na grabación do dobre disco "República Billarda. Sons, letras e actitudes", interpretando Tronceda, xota da autoría do prolífico mindoniense Moncho García. É tamén nesta época cando se produce a transformación dende un grupo de música puramente tradicional cara un estilo que poderíamos definir como de charanga enxebre, dado que a música tradicional e a gaita continuarán mantendo o seu peso, pero adaptándoa ás necesidades musicais renovadoras que esixían os novos tempos. Antón e Enrique faránse cun saxo alto e outro tenor respectivamente, instrumentos que aportan unha versatilidade musical sin precedentes na agrupación. Por outra banda, prodúcense tres importantes baixas na plantilla do grupo, Paulo, Raquel e Iván, o cal significaba un importante golpe no eixo vertebrador da agrupación. Afortunadamente logrouse a supervivencia da charanga mediante a incorporación de Pablo Peláez "o do Tito", veciño da parroquia laurentina de San Adriano e gaiteiro de comprobada valía, e por outro lado a entrada co bombo de Raúl Hermida, veciño do barrio da Tilleira de Vilanova de Lourenzá. Con estas dúas fichaxes de categoría conformouse unha formación de seis músicos que constituíron o novo eixe vertebrador e fundamental da agrupación, fortemente asentado nos lazos da amizade e conpañeirismo. A partir do ano 2011 o prestixio e fama de Aires do Padornelo non deixa de medrar en toda a comarca da Mariña Lucense, sucedéndose as actuacións na meirande parte de concellos mariñáns, e chegando a transpasar as fronteiras provinciais para tocar pola zona da Coruña, Ourense e Asturias. Incluso houbo unha tentativa, por desgracia infructuosa, de viaxe ao pobo de Tréguier na rexión francesa da Bretaña, irmandado a Mondoñedo. No 2014 hai que lamentar a baixa de Anxo como caixista oficial da charanga, sendo sustituído por Javier Rodríguez "de Cabaileros", veciño de Vilanova de Lourenzá, e a quen o seu primo Antón iniciou nos seus primeiros pasos musicais. Tamén se incorpora nese ano o acordeonista David Losas "Pintinova", veciño do concello da Pontenova, aportando unha maior riqueza armónica e interpretativa ás actuacións de Aires do Padornelo. No 2016, xa como historia recente do grupo cabe mencionar a colaboración no capítulo nº 8 do programa da CRTVG "Pobos con música", grabando no inmellorable marco da Ponte do Pasatempo o afamado Pasodoble de Aires do Padornelo e unha pequena entrevista onde quedaron reflexadas algunhas das notas de identidade do grupo. Ademáis prodúxose a incorporación dun novo e xoven membro, Cristian Piñeiro "o de Hilario", natural de San Adriano de Lourenzá, músico que alterna o manexo da gaita co das baquetas na percusión. Os proxectos vitais de cada un dos integrantes provocaron unha considerable reducción da actividade musical de Aires do Padornelo, podendo só atender a certos compromisos adquiridos. Sen embargo o espírito daquela primixenia formación mantense en base aos fondos lazos afectivos que tan só a música é capaz de forxar e de vez en cando a música de Aires do Padornelo déixase sentir, xeralmente en torno a unha boa paparota ben regada co prezado líquido báquico.

Últimas publicaciones

Ver más →

Información de Aires do Padornelo

Fundación
2008
Provincia
Lugo
Email
airesdopadornelo@hotmail.com

Aires do Padornelo en redes sociales

Aires do Padornelo en el ranking

Puesto actual — Sin datos
Mejor puesto — Histórico