Suma na súa vida musical máis de 15 anos de experiencia na verbena, pasando por diferentes orquestras coma “ Os Trovadores”, “Miramar” ou "Kubo".
Na actualidade segue na verbena na súa faceta de solista, compaxinandoa cos concertos en acústico do dúo “Antonio Barros e iAlma” e o grupo “Xuntos pola Música” - Homenaxe a Juan Pardo, onde comparte esceario con Lys Pardo, filla do artista. Tamén colabora con diferentes Bandas de Música co espectáculo "Verbena Sinfónica con Antonio Barros".