NOTICIA
Cambios en Grupo Montreal 2017
Chega septembro e con el os anuncios de cambios nas formacións.
Nós non somos moi partidarios dos mesmos e é por iso polo que apenas variamos dende os nosos comezos.
Pero esta vez, un dos de sempre vaille deixar paso a un novo compoñente que estamos seguros de que chega para non moverse en moito tempo.
Nando Rodríguez, actual voz principal do grupo, deixará Montreal a 31 de Outubro. Queremos agradecerlle o moito que nos aportou nestes 2 anos, dándonos singularidade e un carisma especial. Desexámoslle o mellor de todo corazón e estamos seguros de que así será.
Para ocupar o seu oco chega Juan Arce. Cabe sinalar que todo foi moi sinxelo á hora de negociar con él. Cando dúas partes se entenden en tódolos niveis pouco máis hai que dicir. Benvido Juan!!!
P.D.: Asimesmo anunciamos que este será o único cambio sobre o escenario do Grupo Montreal, e aproveitamos para darlle-las grazas a tod@slos demáis compoñentes que siguen apostando polo proxecto!!!
Tentaremos seguir sorprendéndovos no novo TOUR 2017!!!
#siguelaM