Festicultores canta o temazo do verán Olivia Newton John era de Pantón

Noticia
FESTICULTORES TROUPE 23/05/2023 23:45
Pantón acolleu en agosto de 2022 unha das moitas homenaxes que se organizaron en todo o mundo para render homenaxe a Olivia Newton-John tras a súa morte. E non foi casual. Foi froito dun vínculo forxado a raíz de que a súa irmá Sarah se asentase no municipio lucense, o que levou a actriz e cantante australiana a visitalo en 2019. Agora ese vencello ata ten canción, na que Festicultores mesmo van máis aló. "Precisamos saber dunha vez —din— si Olivia Newton John era de Pantón".