'A Liga dos Cantantes Extraordinarios', que esta noite celebra a súa gran final

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 09/09/2021 18:20
Despois de dez xornadas intensas, Alejandra Pais, Ruth Núñez, Alba Navarro, Rocío Varela, Noly, Antonio Barros, Danni Lamas e Iria Quintáns loitarán por converterse na voz capaz de conquistar o público de todas as xeracións (22.30 h)

Logo de dez xornadas intensas cargadas de emocións, o programa ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’ ten xa oito finalistas cun único obxetivo: converterse na voz capaz de conquistar o corazón de netos, casadeiros, pais e avós.
Alejandra Pais e Ruth Núñez encabezan esta gran final como líderes dos sofás. Únense a elas Alba Navarro, Rocío Varela, Noly, Antonio Barros, Danni Lamas e Iria Quintáns, gañadora da semifinal da semana pasada. Todos eles cantarán esta noite nun extraordinario espectáculo, dirixido por Paco Lodeiro, que amosará o gran talento dos concursantes.

Ademais, o espazo da Televisión de Galicia contará coa presenza como convidada especial de Noelia Solleiro, gañadora do concurso da canción do verán da CRTVG co tema ‘Vive Galicia’. Será un programa cheo de emocións ata o último momento, que suporá o broche de ouro a unha temporada espectacular de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’.