A HISTORIA DA VERBENA por La Ocaband

ESPÉCTACULO TEMÁTICO MUSICAL DE 105 minutos
La Ocaband presenta o espectáculo temático "A Historia da Verbena", un show para todos os públicos que se desenrola facendo un percorrido musical desde principios do século pasado ata a actualidade, xa que vai contando toda a historia das festas populares e das orquestras en Galicia, desde que se formaron, e como foron evolucionando ata os nosos días, mediante as diversas interpretacións que misturan música, cante, baile e humor...
A través dunha gran pantalla de led, os vídeos e fotos das distintas épocas vanse mesturando coa propia escena, nun repertorio creado coidadosamente nunha selección de cancións que marcaron época, executado en rigoroso directo por unha banda de 10 músicos multi instrumentistas, que se complementan perfectamente coa figura dun narrador, que fai co espectáculo colla unha carácter didáctica, porque todo o guión está perfectamente documentado con datos, que conseguen reflectir fielmente, como foron evolucionando as nosas orquestras e as nosas festas en Galicia, e que desa maneira o público asistente terá a sensación de viaxar no tempo de maneira cronolóxica.