
Ten no seu haber dous traballos discográficos e un DVD en directo: “Dun Lado para Outro”, co cal conseguiu un Premio Luar a mellor agrupación de verbena no ano 2000, ”Seguimos dun Lado para Outro” editado no ano 2007 e o DVD “La Oca en Directo” editado no ano 2009.
Esta formación sempre se distinguiu por apostar, tanto nos seus directos como nas súas aparicións nos medios audiovisuales, por cancións con arranxos propios e no noso idioma galego, así como tamén por cancións e adaptacións propias, creando desde os seus inicios, unha maneira especial de conectar co público, sendo pioneira, en modos e formas que se foron normalizando ao longo do tempo no resto das formacións de verbena en Galicia. A forte aposta por esa conexión co público e unha forte determinación logrando que éste interactuara coa formación en cada show van creando unha identidade propia e vai contribuír a aparición do fenómeno “fan” dentro do sector da Festa Popular Galega, (foi unha das primeiras agrupacións galegas con merchandising propio, con seguidores recorrendo a xeografía galega durante as xiras de verán nos anos 90), a vez que se converte en todo un referente das orquestras galegas.
Agora volven a reunirse de novo expresamente para presentar este espectáculo novidoso con un formato diferente o de orquestra de baile, coa clara aposta por defender as nosas festas e as nosa orquestras como unha forma de cultura popular, con un forte arraigo en Galicia, que se diferencian por contar con elementos e costumes que as fan únicas no resto do mundo.