O Sancristán de Coímbra | Paco Lodeiro con César Romero

Noticia
CINEMA 08/05/2021 11:20

Paco Lodeiro e César Romero interpretan O Sancristán de Coímbra, o primeiro dos 10 singles que forman parte do disco "Pezas Extraordinarias".

O disco "Pezas Extraordinarias" recolle dez temas emblemáticos na historia da música galega. O Sancristán de Coímbra, A Santiago voy, O Mesejo, Nordés, O vello e o sapo, A laranxa, Estou na lavadora, O Tren, Aí ven o Maio e Airiños aires.

Tódolos temas do álbum pasaron polas mans de Pedro Lamas, un dos mellores arranxistas do país, e son interpretados polos virtuosos instrumentistas Ton Risco, Jacobo de Miguel, Alfonso Calvo, Xosé Miguélez e Wilfried Wilde, que xunto coa cálida voz do crooner Paco Lodeiro, acompañado en cada tema por un dos extraordinarios cantantes das notas orquestras, crean un disco sin precedentes que non pasará desapercibido por ninguén.

Podes escoitar "O Sancristán de Coímbra" no seguinte enlace: