Orquesta Galilea presenta a súa nova Xira 2021 'O noso sentir, o noso Camiño'
584 días, ou o que é o mesmo; 1 ano, 7 meses e 6 días dende que a nosa voz se silenciou, os nosos instrumentos se apagaron e o telón da nosa ilusión se pechou.
O 29 de setembro de 2019, a orquesta Galilea remataba unha das suas tempadas máis exitosas, sen que se nos pasase pola cabeza, que esta pandemia nos truncaría a vida por completo a tod@s.
Como xa intuímos aquel 14 de marzo do 2020, o noso sector foi o primeiro en pechar a actividade e posiblemente sería o derradeiro en recuperala, e así se constatou co paso do tempo. A maneira na que tod@s concebimos a celebración e disfrute dunha festa, dunha verbena popular, fai moi complicado neste 2021 que teñamos a oportunidade de realizalas do xeito habitual, e así nolo fixeron saber desde as institucións.
Pero a pesares diso, non baixamos os brazos, non tiramos a toalla; todo o contrario. Esforzámonos en diseñar un producto e un espectáculo que puidese dar mostra de que a cultura é segura, e que cumplindo todos os protocolos e medidas sanitarias, entre tod@s, podemos conseguir que a música nos siga acompañando nas nosas vilas nos seus días máis sinalados.
Ca ilusión e o convencemento, de que no 2022, as nosas verbenas, patrimonio cultural da nosa terra, se volten a recuperar, presentamos ante tod@s vós, un espectáculo inesquecible, o noso show musical para este ano 2021; O NOSO SENTIR, O NOSO CAMIÑO.
Recordámosvos que tedes a vosa enteira disposición a nosa web www.orquestagalilea.com onde poderedes acceder a toda a información, disponibilidade e prezos. Estaremos encantados de ter con tod@s vós un contacto directo para resolvervos calquera dúbida.
#galilea2021 #unagalileadeensueño #onososentironosocamiño #xacobeo #santiagodecompostela