Platinum cancela a xira 2021

Noticia
PLATINUM 26/06/2020 18:25

Voltaremos!

Que bonito se fai darvos boas novas, cando arrancamos o que sería a mellor temporada de Platinum coa nova infraestructura e plantilla renovada e aumentada no noso V Aniversario. E que triste se fai dar as malas novas.

Non quixemos decilo e agardamos ata a última milésima para escribir estas palabras, pero este ano é complicado. Por moito que digan que se abre a veda da verbena, consideramos que é mellor vernos todos para o ano con máis forza, e sobre todo, todos sanos e con ganiñas de moita cumbia.

Polo tanto, amigas e amigos de Platinum: Damos por CANCELADA a Xira 2020. Son as palabras que no noso corazón estaban prohibidas, e cun nudo na garganta chegou o momento de pronuncialas.

Ainda así, agradecemos as localidades e comisións que nos apoiaron ata o final. Que nos quixeron na súa praza tocando e loitando contra vento e marea buscando opcións protocolarias para ternos alí.

Dende aquí prometemos que 2021 vai ser o ano PLATINUM. Xa que 'rendirse' non se reflexa no noso diccionario. Seguiremos ensaiando e crecendo día a día para dar forma ao noso novo espectáculo. Eso sí, con todos vos ao noso carón cos sorrisos e aplausos que nos alimentan día a día e nos fan loitar para que Platinum sexa o que é a día de hoxe.

Sede moi felices, levade un aniño con sentidiño que nos en nada estamos de volta.