
No apartado discográfico o grupo conta con tres discos gravados, nos que tamén inclúen temas propios, algo case único entre as orquestas galegas. Na actualidade pódese dicir que o grupo Limón ten unha persoalidade propia, algo difícil de atopar entre as agrupacións de verbena en Galicia. Un grupo que sempre fixo gala de ser galego, tentando ser orixinal arriscando con ideas de musicáis e postas en escea que naquel momento nas verbenas eran algo impensable e que oxe nos son tan familiares.
A pesar de todo isto, nada sería o que hoxe é esta familia de non ser polo aplauso do público que compensa día a día o esforzo e o risco que supuxo daquela, facer algo novo e fresco, e tamén o apoio incondicional da nosa crecente familia de fans amigos.
GRAZAS A VÓS