
Somos un grupo de amigos, que ante todo, facemos música.
Dende 2013 temos levado a nosa música por
camiños, aldeas, rúas e cidades,
destacando entre outros lugares:
Galicia, Asturias,
Euskadi, Burgos, Zamora, Benavente, Barcelona, Londres ou Portugal.
Cun estilo propio baseado na interacción co público, procuramos crear unha atmósfera agradable e, en definitiva, facer festa, sempre facendo de ponte entre as distintas xeracións.
O noso obxectivo non é outro que o goce e desfrute dos nosos oíntes.