O Dúo Estrellas renova o seu equipo de son para celebrar o seu décimo aniversario

Logo de cumprir 10 anos de andadura, e a piques de pechar un 2022 no que realizaron máis de 140 actuacións en total, os irmáns Fanego apostan forte unha vez máis polo seu proxecto adquirindo un equipo de son totalmente novo e de altas prestacións.
Dito equipo, un line-array marca DAS de tipo curvilíneo, consta de 4 "caixas" (2 por lado) e 3 subgraves, co que se conforma un sistema non só de forte presión sonora, senón que tamén de alta calidade de son, con pegada, fidelidade e definición.
O conxunto de altavoces será próximamente ampliado coa adquisición dun subgrave máis a modo de reforzo, completando así un sistema que actualmente xa permite cubrir campos e recintos de elevado aforo sen problemas, e axudando ó Dúo Estrellas a reafirmarse como un dos dúos referentes de Galicia.