Alba Navarro e Rocío Varela loitarán por manter o seu trono en A Liga dos Cantantes Extraordinarios

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 22/07/2021 15:45
Será unha noite moi especial, xa que se dará a coñecer o novo tema de Pili Pampín, ‘Gozaremos do verán’, que virá acompañado dunha gran sorpresa (ás 22.30 horas na TVG)

Na cuarta entrega desta nova temporada de ‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, loitarán por manter o seu trono Alba Navarro, de Los Satélites, e Rocío Varela, da orquestra New York, competindo contra Danni Lamas, de Kubo; José Ángel Albán, da orquestra Capitol, e Rita Barreiro, da Charleston Big Band, a primeira delas, e a segunda, contra Ángel Sevilla, de La Fórmula; Iria Quintáns, de Maremagnum e a xa veterana Ana Paz, da orquestra Cinema.

Será unha noite moi especial, xa que se dará a coñecer o novo tema de Pili Pampín, ‘Gozaremos do verán’, que virá acompañado dunha gran sorpresa para todos os espectadores.

Como cada semana, o xurado composto por Lito Garrido, Lucía Pérez, Pili Pampín e  Mon e Ula, do grupo Monouliuos DOP, será o encargado de seguir buscando a mellor voz da verbena galega, aquela capaz de convencer o público de todas as idades.