Festicultores Troupe no programa Bamboleo

Noticia
FESTICULTORES TROUPE 22/05/2019 00:40
Festicultores Troupe, unha das bandas máis auténticas e divertidas galegas, estarán cultivando festa este Sábado 25 de Maio no programa da TVG 'Bamboleo'.

O tema que interpretarán será a 'Cobra', un baile moi especial co que conseguirán facer bailar a todo o público do Bamboleo.

Co seu paso polo Bamboleo, así como en próximos meses tamén estarán no programa especial que lle realiza o programa 'os Inimitables', o programa 'Larpeiros' onde tamén estarán interpretando dous temas 'Cobra' e 'Galiza Calidades' un tema composto específicamente para o programa onde fala sobre o gran producto ecolóxico e galego que temos na nosa terra.