Fichajes Venezia 2016

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 24/11/2015 00:08

Dende a dirección e os compoñentes da orquestra Venezia queremos desexarlles o millor a todos os compañeiros que este ano non seguen con nos.

Fanny Mendez, Noelia Logo, Jose González e Alex Costas, moitas grazas pola vosa dedicación a esta orquestra, polos bos momentos, esperamos que todo vos vaia xenial nos vosos novos proxectos, bicos e apertas!!!

Agora temos que seguir coas presentacións; 
Dende Narón chega Jennifer Lopez Piñon, cantante que estivo en formacións como Grupo Enclave, Xente Nova e Melodías, chega a Venezia con gañas e forza para demostrar todo o que vale e facernos disfrutar en cada festa co seu bo facer enriba do escenario. Benvida á familia Venezia!!!

Dende Almería chega Manu Contre, cantante que estivo en formacións como Sonora Real, The Cartoon Band e Nueva Generación, con moitas gañas e ilusión de formar parte da orquestra Venezia. Esperamos que vos tamen disfrutedes deste gran artista. Benvido Manu!!!