A súa inquietude pola música comezou ós 11 anos coincidindo co momento no que estuda no colexio Salesianos. Ahí forma parte do grupo deste colexio tocando a guitarra e cantando en caseque tódolos actos e veladas que ali se organizan. Foi con ése grupo co que tuvo o seu primeiro contacto co mundo da verbena.
Uns anos despois, no 2001, entra a formar parte do grupo Jocker, do cal foi sempre un membro moi activo, chegando a formar parte da dirección do grupo. Durante estes anos, compaxina a súa laboura no grupo cos seus estudos de són, afección ésta que segue viva na actualidade realizando traballos a nivel semiprofesional no seu pequeno "Home estudio".
Logo de 7 tempadas recala nas filas do grupo "Master", grupo éste moi recoñecido dentro da verbena e no cal pasará as súas dúas seguintes tempadas.
No ano 2012 entróu a formar parte da famila América, onde volve a atoparse con vellos coñecidos e grandes amigos de etapas anteriores.