Cantante masculino
Daniel Moreiras (Dani) Cantante masculino
Web Facebook Instagram Twitter Youtube
Formación actual
No tiene formación asignada.
Daniel en el ranking
98
MARZO 2017 General
71 pts
100
FEBRERO 2017 General
68 pts
96
JULIO 2016 General
47 pts
91
ABRIL 2018 Visitas
58 pts
96
AGOSTO 2017 Visitas
46 pts
60
JUNIO 2017 Visitas
64 pts
Noticias
No hay noticias.
Biografía
Botáronme ó mundo nunha noite de Samaín (o que os ianquis chaman Halloween) da década dos oitenta e non sei se pola maxia que envolve esa data ou porque tiña de ser, din que xa saín dando guerra, entonando sen acougo durante tres días e tres noites a miña primeira melodía... puido ser ese mesmo día onde se comezou a formar unha afeción que aínda hoxe conservo intacta.

Con cinco aniños acudín á "Academia Eva" en Chantada para cursar solfeo e piano, anque moi pouco tempo, despois decidín que o que realmente quería era cantar, testemúñano os meus veciños de Taboada dos Freires e Cerdeda (Taboada) e sobre todo os curas da zona que me levaron a participar do coro municipal, a "Coral polifónica de Taboada" onde ca miña voz de "pito" non me quedaba outra que meterme no medio das sopranos como unha máis.

Anos despois, coma a maioría dos que nos gusta cantar, comecei a pasearme polos karaokes de medio Galicia e a recibir algunha que outra oferta profesional, que non quixen escoitar nese momento mais que nada por comodidade, "medo escénico" e sobre todo por non sentirme á altura do público.

Foi entón cando decidín formarme, recibindo primeiro os consellos de "José Luis Reza Cabano", director do coro e quen me cedeu o privilexio de poder interpretar os primeiros temas, da súa autoría, pensados para a miña voz.

De seguido comecei a asistir á "Academia Studio" de Santiago con dous "monstros" como son "Leo Gianetto" e "Ramón Bermejo" os cales non só me ensinaron a cantar, senón que me inculcaron certos valores que agardo me acompañen sempre.

Pero non sería ata que o infortunio se me cruzou por diante que definitivamente me dei conta de que o meu eran os escenarios... Unha terrible afección no meu aparato fonador e vías respiratorias ameazaba con deixarme secuelas irreversibles cando a chamada da orquestra "Noche de Gala" durante o tempo en que estaba postrado e aillado nunha cama de hospital me fixeron prometerme a min mesmo que se saía desa, cando menos o tiña que tentar; e iso fixen sen dubidalo un intre, xusto unha semana despois de abandona-la miña convalecencia.

Desde ese primeiro día de nerviosismo ata hoxe sigo con ilusión dándoo todo de min en cada actuación, antepoñendo como vía principal de éxito o meu disfrute en todo o que fago como única vía válida para conseguir que os demais tamén disfruten.

De aí e co apoio dunha das persoas que marcaron a miña estadía nas orquestras "Arantxa Álvarez", quen un día despois de ler algunhas poesías miñas (outra das miñas paixóns) cáseque me "esixíu" facer a miña primeira parodia, segundo ela "para saír da monotonía das verbenas e porque, disque, teño talento para xuntar palabras"... pois ben, aceptei o seu reto e "María Portero" e "Iván Capón" quixéronme acompañar tamén, como sempre o fixeron desde esa primeira vez que coindimos nunha verbena polo 2006 ata hoxe, sendo non só uns simples amigos, senón unha parte esencial da miña vida. Xuntos, con bon rollo, humildade e amor polo noso puidemos demostrar non só que os galegos somos xente con humor e sen complexos, senón que somos distintos e auténticos.

Desde aquí e para rematar, agradecer a toda esa xente incondicional que sempre me brindou o seu apoio e agarimo en cada festa, antes e despois das parodias, e a todos os que mediante elas me fixestes emocionarme tantas veces coas vosas mensaxes, GRACIAS por facerme parte xa da historia da música e da comedia neste país!! este non é un logro de (Arantxa), Iván, María e un servidor, senón de todos vós. Noraboa por ser como sodes e apertas afectuosas e sinceras.
Historial de formaciones