Manifestación pola Verbena Galega

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 19/05/2015 16:55

A ASOCIACIÓN GALEGA DE ORQUESTRAS, AS OFICINAS DE ESPECTÁCULOS, OS MÚSICOS E REPRESENTANTE ARTÍSTICOS convocan unha manifestación o vindeiro mércores día 20 de Maio en Santiago de Compostela para reivindicar un trato xusto para o sector da FESTA GALEGA, sumándose así ó MANIFESTO NACIONAL “UN DÍA SEN MÚSICA”

Como todos sabemos a Festa Popular Galega xorde dunha tradición ancestral, que como calquera outra provén da cultura e o costume dun pobo, e ésta a súa vez, dunha necesidade. Sen lugar a dúbidas a FESTA GALEGA é unha parte importantísima do noso Patrimonio cultural e da identidade do noso pobo.

Actualmente podemos estimar que do noso sector viven directamente unhas 7000 familias e moitas outras persoas e negocios se nutren da nosa actividade indirectamente.
Ademáis do abandono e o desdén que sufrimos dende hai décadas por parte da Xunta de Galicia, a Axencia Tributaria está sometendo actualmente ó sector a unha persecución sen precedentes que pon en gravísimo risco a supervivencia do mesmo, co conseguinte impacto económico, social e cultural.

Polo tanto esiximos o apoio da XUNTA DE GALICIA para levar a cabo unha regularización do sector e do noso réxime especial de artistas, pasando por establecer un sistema de tributación viable para os nosos negocios, como por exemplo un IVE CULTURAL REDUCIDO.

undiasinmusica

Solicitamos que a FESTA GALEGA reciba o trato que merece e lle recoñeza a valía que ten realmente, pasando a formar parte integrante do PATRIMONIO CULTURAL DE GALICIA.

Estamos fartos de que os nosos escenarios e os nosos micrófonos se utilicen para difundir mensaxes políticas a conveniencia das Administracións locais e Rexionais e se mire para outro lado cando os GALEGOS e GALEGAS que formamos parte do sector precisamos de axuda.
Tódolos Galegos debemos defender o noso patrimonio. DEFENDAMOS A FESTA GALEGA.

MANIFESTATE CON NOS

VERBENA GALEGA PATRIMONIO CULTURAL ¡¡XA!!

DATA: 20 de Maio de 2015
LUGAR: Praza da Estación de Tren de Santiago de Compostela
HORA: 10:30 da mañá
INDUMENTARIA RECOMENDADA: Parte superior de cor BRANCA (Camisa, camiseta, xersei…)