AMUSICA, asociación de músicos y cantantes de la verbena gallega

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 13/04/2015 14:55

Nos complace poder comunicaros que se ha creado una asociación de músicos y cantantes de la verbena gallega. Su nombre es Amúsica y os recomendamos que le deis a me gusta en su página de facebook para estar informados de todo lo que esta asociación trata de conseguir para mejorar las condiciones de trabajo en este sector que da empleo a tanta gente en nuestra tierra.

amusica

A continuación os dejamos un texto en el que se explican los fines de esta asociación:

Tras case un século de existencia das agrupacións musicais (solistas, dúos, tríos, charangas, gaiteiros, bandas, grupos, orquestras, etc.) amenizando a "Festa Popular Galega" (Romarías, Festas Patronais, gastronómicas, etc.), por fin constituíuse a "Asociación de músicos e cantantes da verbena galega" (AMUSICA).

Esta asociación conta con tódolos requisitos legais (estatutos, directiva, etc.) necesarios para a aprobación pola Xunta de Galicia, e está destinada a defende-los intereses de tódolos que traballan artisticamente neste sector.

AMUSICA dará solución aos problemas que ten intentar vivir da música en Galicia, unha comunicade autónoma que, a pesar de ter unha tradición tan arraigada como a "Festa Popular Galega" arredor da que se move unha industria artística autosostible, nunca contou por parte das Administracións Públicas coa axuda e apoio necesario para velar polo futuro tanto da Festa en si como das persoas que traballan para ela.

AMUSICA estará apoiada dende o primeiro momento polos prestixiosos bufetes de avogados e asesores, SAEZ PROFESIONALES e MONTES ABOGADOS PONTEVEDRA, que prestarán apoio legal e asesoramento aos asociados que o necesiten.

O primeiro cometido de AMUSICA é crear unha plataforma que englobe á totalidade dos artistas que traballan de forma parcial ou profesional no ámbito das verbenas galegas e así constituir un colectivo forte e unico que poida defender un ben común e ancestral como é a "Festa Popular Galega".

Asociarse en AMUSICA é totalmente gratuíto e tan so é necesario cubrir impreso cos teus datos, firmalo e anexar fotocopia do D.N.I. (alternativamente foto do D.N.I. sobre un fondo branco) ou do NIE e pasaporte, no caso de ser estranxeiro.

Se AMUSICA medra, o teu futuro medra.

Para los que estéis interesados en daros de alta, os dejamos el formulario de inscripción.