
Xa cos músicos buscados pensouse en chamarlle á charanga "Rías Baixas" e con ese nome xa se comezou a traballar na publicidade e nos permisos pertinentes ata que no rexistro se decataron de que ese nome xa existía, polo que houbo que pensar un nome rápido coas iniciais "R B" para aproveitar as camisetas con esas siglas que xa estaban encargadas. Varios nomes foron os que xurdiron pero foi Goretti, filla de Morales, a que sin pensar pronunciou o nome de "ROUBA BICOS" e con ese nome se quedou.
O dia 10 de febreiro do 2013 debutaron nos carnavais de Cambados (Pontevedra) e a partir desa fecha só pensan en mellorar e ir pouco a pouco con moita ilusión e humildade facéndose un oco no difícil mundo da música en Galicia.