Festa da Xuventude en Hospital

Noticia
DJKOLA 03/02/2023 20:50
E seguimos co programa para ás festas na honra da Virxe da Milagrosa do 5, 6 e 7 de maio en Hospital! E hoxe toca anunciar a... Festa da Xuventude!

¡Si! Un ano máis imos arrancar ás festas de Hospital coa Festa da Xuventude!

O venres 5 de maio teremos na carpa do torreiro de Hospital, unha festa, que parece máis destinada a xente xoven, pero que o final termina sendo o arranque perfecto dás festas, e na que ós ritmos electrónicos e ós DJ´s marcan o comenzo do fin de semana máis movido do ano.

E este ano, unha vez máis, conseguimos traer a dous dós DJ´s máis recoñecidos e valorados dentro da escena tanto de Galicia como do norte de Portugal: DIEGO WASS e DJKOLA.

Tampouco hai moito que dicir destes dous referentes dentro do circuito de festa que non sepades. A súa profesionalidade, bo traballo e experiencia é máis que coñecida, e donde eles van, a festa está asegurada !!!!

Diego Wass leva varios anos colaborando con nós con un nivel altísimo e sempre facendo que a Festa da Xuventude de Hospital sexa un éxito, polo que, está claro que non pode faltar se queres ter unha boa festa ; e este ano, ademáis, temos a sorte de poder ter no cartel, a outra bestia como é Djkola ,outro asiduo dás mellores salas e verbenas, un sinónimo de profesionalidade e festa, e outra dás caras máis recoñecidas dentro do panorama musical.
Non hai festa, verbena, sala ou karpa importante onde non estiveran... e nós, conseguimos xuntalos nun mesmo cartel e telos no torreiro de festas de Hospital.

ANOTADE: Día 5 de maio, en Hospital... FESTA DA XUVENTUDE!

#virxedamilagrosa23 #siguemesepodes