América de Vigo 2015
Despóis de un bó descanso vacacional, xa estamos de volta.
Nesta nova andaina non contaremos coas voces de Angel Rodríguez e de David Carrasco como a maioría de vós xa sabedes. Pra eles os nosos maiores desexos de que as súas inquietudes e as súas metas se cumplan, así como tamén o máis absoluto agradecemento pola súa aportación tanto profesional como persoal ó longo da súa estadía neste grupo. Sorte ós dous!!
Escomenza pois unha nova etapa da formación coa incorporación de dous monstruos da voz; Bruno Plá e Carlos Iglesias (tamén coñecido por Capitán Kidd), que xunto con Eder, Failde, Manu e Sito seguirán acercándovos a esencia da boa música coa maior das ilusións, esforzo, profesionalidade e traballo como sempre caracterizóu a éste grupo.
Tamén queremos darvos as grazas a todos aqueles que nos levades seguindo por tantos e tantos recunchos, e decirvos que somos conscientes do alto que temos o listón pra satisfacer as vosas ganas de escoitar boa música. Para eso trataremos de seguir a liña América, onde a música de calidade e a música de baile convivan en cada actuación pra que todo tipo de público teña satisfeitos os seus gustos musicais.
Grazas por estarvos ahí e benvidos de novo.
¡¡Saúdos e boa música!!
Grupo América