O Dúo Estrellas estrea o seu primeiro single 'E Se Nos Vamos De Verbena'

Noticia
ESTRELLAS 14/09/2021 23:30:00

Logo de oito anos de percorrido no mundo da verbena, o dúo formado polos irmáns Ana e David Fanego acaba de presentar o seu primeiro tema de composición e produción 100% propia titulado "E Se Nos Vamos De Verbena?", un tema co cal pretenden contaxiar de alegría e ánimo ó público á par que revindican o gran valor do sector da verbena como forma de ocio.

No "lyric video" quixeron incluir imaxes, a modo de homenaxe, dalgunhas das festas que amenizaron nos últimos anos, dándolle así as gracias a todas aquelas comisións, particulares e representantes que depositaron e seguen a despositar a súa confianza no seu traballo.

A canción está dispoñible nas principais plataformas de streaming, entre as cales se atopan Spotify, Apple Music, YouTube, Tik Tok e Facebook/Instagram Stories.