Esta semana estréase en 'A Liga dos Cantantes Extraordinarios' o coñecido Antonio Barros

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 08/07/2021 11:50
Pola súa parte, Pili Pampín e os Monoulious DOP realizarán unha versión moi persoal do clásico ‘Banana’ (22.35 h)

‘A Liga dos Cantantes Extraordinarios’, que a semana pasada comezou a súa terceira temporada na TVG, continúa buscando a mellor voz da verbena galega, aquela capaz de convencer a público de todas as idades. Nesta ocasión, os finalistas da primeira e da segunda temporada, xunto con caras novas, están a competir por ser o cantante extraordinario de 2021.

Esta semana estrearase no concurso o coñecido Antonio Barros, que será retado por Lito e o resto do xurado nunha confrontación bastante fóra do común. Tamén participarán nesta gala Alba Navarro, da orquestra Los Satélites; Alejandra Pais, de Fania Blanco Show; Laura Añón, da orquestra Finisterre; Peke, de La Fórmula; Rita Barreiro, da Charleston Big Band; Noly, de Los Satélites, e Diego Moreira, da París de Noia.

Ademais, na segunda gala desta terceira edición, presentada por Paco Lodeiro, estrearase unha persoal versión do clásico ‘Banana’, da man de Pili Pampín e os Monoulious DOP, que, unha vez máis, formarán parte do xurado, xunto a Lito Garrido e Lucía Pérez.

a liga dos cantantes extraordinarios