Rocío Varela, intérprete da Canción do Verán da CRTVG 'A maxia está en ti'

Noticia
ORQUESTAS DE GALICIA 26/08/2020 17:40
O concurso de talentos musicais afronta a súa fase decisiva nun programa que recibirá a visita de Rocío Varela, representante tamén do mundo das verbenas. Unha das vocalistas da Orquestra New York acode o plató da Liga dos Cantantes co seu tema A maxia está en ti, gañadora da Canción do Verán da CRTVG.

Daralles folgos ós seus compañeiros de profesión na novena xornada, penúltima antes da semifinal. Concorren na busca de puntos Irene Iglesias (Panorama), Diego Barbazán (Fania Blanco Show), Alba Navarro (Os Satélites), Fran Castellanos (Saudade), Nakary Palumbi (Olympus), Monia Borges (Marbella), Rita Barreiro (Charleston) e o gañador do duelo de entrada no que se enfrontan Boris Pico (Orquestra Ceniza Band) e Nando Llon (Genesis).

Estes dous aspirantes loitarán por un posto no programa cun tema mítico como é La raja de tu falda, de Estopa. I want to break free de Queen, No puedo vivir sin ti de Los Ronaldos, Ni una sola palabra de Paulina Rubio, El toro y la luna... Son algúns dos temas que se interpretarán nunha noite chea de humor i emoción para toda a familia. Na que a clasificación será clave para o futuro dun concurso no que aínda está todo por decidir.

Directo en redes sociais

Tras a gala televisiva realizarase unha retransmisión en directo a través da páxina de Facebook do programa na que César Romero (Cinema) e Rubén Pérez (Valexo) falarán durante o bo anaco con algúns dos participantes da Liga dos Cantantes Extraordinarios, contando tamén coa presenza dun dos membros do xurado, Ula, de Monoulious Dop.