Noticia
Hoxe estréanse na Liga dos Cantantes Extraordinarios Néstor Peña e Alejandra Pais
01/08/2019 17:40 - ORQUESTAS DE GALICIA

Despois da paréntese da semana pasada, esta noite volve á Televisión de Galicia A Liga dos Cantantes Extraordinarios, que busca cada semana a mellor voz entre oito cantantes solistas das orquestras que máis enchen de espectáculo as nosas verbenas. Ao remate de cada gala, só un aspirante se clasificará para a gran final do programa. Cada cantante ten que defender un tema que lle propón o xurado e que representa a súa bancada con estilos moi diferentes.

Este xoves estréanse na Liga dos Cantantes Extraordinarios Néstor Peña (Olympus) substituíndo a Eulicer, e Alejandra Pais (New York) para ocupar o lugar de Iria Riola, que pasou á final no programa anterior.

O programa, que terá como convidado a Moncho Lemos (Radio Galega Música), comezará cunha gran actuación do xurado xunto a Paco Lodeiro. Tamén haberá unha sorpresa, xa que o concurso comeza coas actuacións a dúo. Así, César Romero e Diego Moreira cantarán Torero, de Julio Iglesias, e Noly acompañará a Rosa do Mar co tema ¿Por qué me habrás dejado?, de Juan Pardo e Rocío Jurado.

Orquestas de Galicia © 2012-2019 | Aviso legal | Prensa | ¿Quieres una cuenta administrador? Regístrate
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí.