Nova incorporación no grupo Platinum para a tempada 2018

Noticia
PLATINUM 09/12/2017 19:50
Aínda non é 25 de Decembro e Papá Noel xa pasou polo local de ensaio do Grupo Platinum! Para esta nova tempada temos o privilexio de contar nas nosas filas ca impresionante voz de Graciela Boquete.

A pesar de ter tan só 24 anos, Graciela conta con anos de experiencia no mundo da verbena, habendo estado en formacións como Santiago D.C, Superfama, TRYP Montecarlo ou BullBlack Show.

Capaz de cantar dende un pasodobre ata un rockandroll, Graciela promete non deixar indiferente a ninguén. Benvida á túa casa!