O Dúo Estrellas estrea un gran escenario novo

Noticia
ESTRELLAS 31/05/2024 09:55
O dúo formado polos irmáns Fanego vén de dar un gran salto na súa andadura na verbena, pois recentemente estreou o seu novo escenario, sustancialmente máis grande e mellor equipado que o anterior.

O escenario, de 9,25 m de largo, 5,10 m de fondo e 6,10 m de alto (un dos máis grandes de Galicia en canto a dúos), está equipado cun completo xogo de pantallas e robótica LED, ademáis de seguir contando co equipo de son de alta calidade e potencia do cal a formación xa viña dispoñendo desde finais do 2022.

Dito equipamento, combinado coas últimas novidades a nivel de programación, permite coordinar son, pantallas e iluminación para crear shows audiovisuais perfectamente sincronizados con cada canción do repertorio, permitíndolle ó Dúo Estrellas ser o primeiro dúo de Galicia en poder ofrecer un espectáculo limpo e milimetrado ata tal nivel, o cal, combinado co dinamismo e complicidade co público que Ana e David teñen, non deixará indiferente a ninguén.