Natural de Vigo aínda que pontevedresa de adopción, encántalle cantar e bailar.
Comezou na música no coro do seu colexio con 11 anos, máis adiante montou un grupo de versións dos 80, ata que entrou finalmente no mundo da verbena, en dúos, tríos e orquestras coma Os Breogáns.
Deu clases de canto con mestras como María Costas en Pontevedra ou Regina en Vigo.
Gústanlle os animais, sobre todo a súa canciña Piruleta e é unha adicta a tódolos produtos ecolóxicos e biodegradables.
Manía: Utilizar sempre cousas biodegradables, ecolóxicas e que se poidan reciclar.
Lema: Bailando, me paso el día bailando.